Admisión/matrícula 24/25
Os pais/nais ou titores legais do alumnado interesado en cursar estudos no CEIP de Figueiroa, formalizarán a súa solicitude neste centro.
Prazos:
Do 1 ao 20 de marzo
Lugar de presentación:
A solicitude será única e poderase presentar:
- - De forma presencial no centro educativo que a rexistrará. Prazo ata o 20 de marzo de 2024.
- - De forma electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Prazo ata o 20 de marzo de 2024.
Modelo solicitude admisión (ED550B).
Lexislación e información:
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Anuncio sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2024/25.
- Resolución do 23 de febreiro do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024/25.
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado ou no propio centro.
Normativa | Anexo II | Vacantes |
Información novo ingreso |