Escolas viaxeiras 2012

       O Ceip. de Figueiroa presentou dous proxectos para participar no Programa convocado ao abeiro da Resolución de 17 de outubro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para participar no Programa de Cooperación Territorial "Escuelas Viajeras" durante 2012. Convócanse en réxime de concurrencia competitiva, para as etapas de primavera do curso 2011-2012 e de outono do curso 2012-2013, axudas para grupos de 12 a 15 alumnos/as e un profesor/a de centros españois ordinarios que cursen 5º e 6º de Educación Primaria

        É un programa educativo no que tres grupos de alumnos/as de distintas Comunidades Autónomas conviven e coñecen unha das 23 rutas establecidas. A través dunha serie de itinerarios pedagóxicos, que ofrecen un amplo abano de situacións de aprendizaxe, posibilítase o desenvolvemento das competencias básicas e a convivencia armónica, baseada no respecto á diversidade lingüística, cultural, social e ambiental do territorio.

        Dos dous proxectos presentados, foi seleccionado un para realizar a Ruta de Andalucía occidental:
Resume de contidos: Baeza (Patrimonio da Humanidade) e Xaén. Córdoba (Patrimonio da Humanidade): Mezquita. Alcázar dos Reis Cristiáns. Comarca dos Pedroches: Industria alimentaria (Pozoblanco). Montoro: Fábricas de mel. Sevilla: Catedral, Xiralda, Reais Alcázares, Praza de España e Parque de María Luisa. Córdoba: Conxunto arqueolóxico de Madinat Al-zhara. Alcázar. Paseos vivos por Córdoba. Xudería e Sinagoga.

        Aloxamento: Residencia Escolar «M. Careaga y C. Mora». Cardeña (Córdoba).

       A axuda concedida ascende a 2.410 € cos que teremos que costear a viaxe de ida e volta desde A Estrada á cabeceira da ruta, é dicir, ata Cardeña (Córdoba). O resto dos gastos corren a cargo do Ministerio de Educación e Ciencia. Os alumnos/as, a priori, non farán ningunha aportación económica.

        A viaxe realizarase entre o 12 e o 18 de novembro de 2012.