Seccións bilingües

O noso centro a través da Resolución provisional do 17 de xullo de 2012, pola que se autorizan novas seccións bilingües para o curso 2012/2013, foi autorizado a pór en marcha no vindeiro curso escolar catro seccións bilingües, 2 no primeiro nivel de Primeiro Ciclo (1º A/B) e 2 no primeiro nivel de Segundo Ciclo (3º A/B). A materia non lingüística que se impartirá nestes cursos será a de Plástica.

Con esta nova iniciativa pretendemos utilizar o inglés como vehículo de aprendizaxe e de coñecemento noutras áreas curriculares co obxectivo de desenvolver nos alumno/as o coñecemento e uso adecuado, tanto da lingua galega como do castelá e da lingua inglesa, nas súas manifestacións oral e escrita, que permitan aos alumnos/as adquirir a competencia comunicativa necesaria para desenvolverse en situacións cotiás, dando prioridade ás destrezas de escoitar (Listening) e falar (Speaking) para posteriormente ler (Reading) e escribir (Writing).

Acción de Verán

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

Saída a Catalunya

      O vindeiro domingo día 26 de febreiro, 30 alumnos/as do noso centro, xunto con tres profesores/as, realizarán unha saída educativa a Rasquera (Reus - Tarragona). Esta saída enmárcase dentro do Proxecto Arce (convocado polo Ministerio de Educación) no que este centro está a participar xunto con outros tres de distintas comunidades autónomas (Catalunya, Balears e Canarias).

      A saída terá lugar ás 13:40 h. do aeroporto de Lavacolla con destino ao aeroporto do Prat (Barcelona). Desde alí ata Rasquera deprazaranse en autobús. Estarán aloxados na casa de colonias "CA MANXOL".

      Para moitos nenos/as será unha experiencia única, xa que voarán por primeira vez.

      Durante a súa estancia nesta vila visitarán os colexios de Ginestar e Rasquera e participarán nunha xornada de convivencia con alumnos/as dos dous centros. A temática desta xornada xira ao redor dos xogos tradicionais propios da comarca visitada. O martes pola mañá estarán en Miravet e realizarán un paseo en barca polo río Ebro e percorrerán a parte antiga do pobo, o castelo e un oleiro; pola tarde, irán a Benissanet para visitar unha cooperativa (Grup Fruit), o Museo da Música e un refuxo antiaéreo.

      O último día, mércores 29, pola mañá estarán en Rasquera visitando un forno de pastissets, unha llatadora e a Ermida de Santo Domingo. Ás 16:00 h. partirán en autobús cara o aeroporto do Prat donde embarcarán no avión rumbo a Santiago de Compostela ás 20:05 h.

      Nesta páxina web, ao seu regreso, exporemos todo o material audiovisual e fotográfico que os alumnos/as recollan na viaxe.

      A Comunidade Educativa do Ceip. de Figueiroa deséxalles unha boa viaxe.

Escolas viaxeiras 2012

       O Ceip. de Figueiroa presentou dous proxectos para participar no Programa convocado ao abeiro da Resolución de 17 de outubro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para participar no Programa de Cooperación Territorial "Escuelas Viajeras" durante 2012. Convócanse en réxime de concurrencia competitiva, para as etapas de primavera do curso 2011-2012 e de outono do curso 2012-2013, axudas para grupos de 12 a 15 alumnos/as e un profesor/a de centros españois ordinarios que cursen 5º e 6º de Educación Primaria

        É un programa educativo no que tres grupos de alumnos/as de distintas Comunidades Autónomas conviven e coñecen unha das 23 rutas establecidas. A través dunha serie de itinerarios pedagóxicos, que ofrecen un amplo abano de situacións de aprendizaxe, posibilítase o desenvolvemento das competencias básicas e a convivencia armónica, baseada no respecto á diversidade lingüística, cultural, social e ambiental do territorio.

        Dos dous proxectos presentados, foi seleccionado un para realizar a Ruta de Andalucía occidental:
Resume de contidos: Baeza (Patrimonio da Humanidade) e Xaén. Córdoba (Patrimonio da Humanidade): Mezquita. Alcázar dos Reis Cristiáns. Comarca dos Pedroches: Industria alimentaria (Pozoblanco). Montoro: Fábricas de mel. Sevilla: Catedral, Xiralda, Reais Alcázares, Praza de España e Parque de María Luisa. Córdoba: Conxunto arqueolóxico de Madinat Al-zhara. Alcázar. Paseos vivos por Córdoba. Xudería e Sinagoga.

        Aloxamento: Residencia Escolar «M. Careaga y C. Mora». Cardeña (Córdoba).

       A axuda concedida ascende a 2.410 € cos que teremos que costear a viaxe de ida e volta desde A Estrada á cabeceira da ruta, é dicir, ata Cardeña (Córdoba). O resto dos gastos corren a cargo do Ministerio de Educación e Ciencia. Os alumnos/as, a priori, non farán ningunha aportación económica.

        A viaxe realizarase entre o 12 e o 18 de novembro de 2012.

Proxecto Arce

O Ceip. de Figueiroa  acolleuse a Resolución de 28 de abril de 2010 do Ministerio de Educación e Ciencia, pola que se convocan axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos común e crear vínculos, construíndo redes de traballo cooperativo para compartir  aprendizaxes que favorezan a cohesión social.

 O feito de que o Ministerio colabore cos centros educativos desde esta Orde, facilítanos poder establecer cauces de comunicación e compartir experiencias  de distintos tipos entre centros de comunidades próximas e lonxanas.

O Ceip. de Figueiroa agrupouse con outros  tres centros:

   ·         Ceip. Tao de Teguise (As Palmas)

   ·         Ceip. Fornells (Menorca)

   ·         Zer Font de l’Aiguadí (Cataluña)

Este proxecto desenvolverase en dous cursos escolares (2010/2011 e 2011/2012), estando previsto mover aos alumnos/as no curso 2011/2012 (desprazarse a un dos centros anteriores).

O Ministerio de Educación e Ciencia vén de comunicar ao Ceip. de Figueiroa que foi eleixido o seu proxecto e subvencionará ao centro con 8.200 € para sufragar os gastos para levalo a fin.

 TÍTULO DO PROXECTO: “XOGÁBASE E XÓGASE, SE CONTABA Y SE CUENTA, ES DANSAVA I ES DANSA, S’ESCOLTABA I S’ESCOLTA!!!